Propoñemos dende esta páxina o seguinte: cada semana faremos un par de recomendacións de lecturas. Así, se a familia está de vacacións, será doado conectarse a internet e ver o que se recomenda. Ademais, neste mesmo blog hai un enlace (á dereita da páxina, "BLIX") con centos de libros recomendados segundo as idades dos lectores.
Quedades convidados, pois, a botarlle un ollo a este blog de cando en vez, cando poidades, para ver que pode ser de utilidade aos vosos cativos.
Non olvidemos que a lectura é o que fai que as persoas multipliquen a súa capacidade para comprender o mundo. Non os fai mellores persoas (Hitler era un grandísimo e cultísimo lector), pero do que non hai dúbida é de que os fai máis cappaces, máis inmunes ás dificultades, máis abertos ao ocio, máis tolerantes ante a diferenza (... se queren).
Que todos teñades un bo verán, e que sexa para os rapaces un período de desfrute e creatividade, no que as súas poderosas mentes non se paralicen, senón que sigan traballando para medrar máis e máis por dentro (que por fóra non hai que os pare).
FELICES LECTURAS!!
2 comentarios:
SEi que para o meu cativo/a e moi cedo ( so ten cinco meses no bandullo da súa nai, pero xa lle leo algo para desesperación da miña compañeira que non a deixo tranquila. Saúdos e apertas, boa iniciativa por no vos variar
Parabéns, An, pola nova criatura. Xa verás o chulo que é despois.
Apertas
XTomás
Publicar un comentario