28/6/09

"Dáme a man" e "Dez abellas na laranxeira"


Ambos libros editados por Edicións Xerais, pertencen á colección "O meu mundo".

En "Dáme a man" trátase o tema dos nenos doutros países, en concreto dunha rapaciña que vén de África a curarse dunha doenza na vista. Moi tenra, moito, e sen dramatismos ante o feito da separación dos pais. As ilustracións, de Santy Gutiérrez, fan que a sinxeleza do trazo transmita moita claridade para lectores que aínda non saben ler (textos), ou ben apra primeiros lectores.

"Dez abellas na laranxeira" é un margnífico conto que fala de algo tan sinxelo e ten complicado como é restar. Comeza o conto con dez abellas e, por distintos, motivos, van quedando menos, e menos, e menos... Non hai como contar aos nenos fenómenos abstractos con cousas ben concretas como son as abelliñas. A ilustración, de pere Mejan, é enormemente potente a pesares de (ou grazas a) unhs liña clara e diáfana. tamén para primeiros lectores ou incluso para prelectores.

No hay comentarios: