18/9/11

Como escoller un bo libro infantil



Temos que ter en conta que a literatura infantil non só é a que len os nenos e nenas, senón tamén a que poden ler.

Averiguar como son os libros. Dentro de cada libro agárdanos un mundo inmenso.
Fiémonos dos ollos. Un libro bonito é, de primeiras, un bo libro.
Explorar máis alá da vista. Tamén hai libros marabillosos que por fóra non o parecen.
Coñecer os nenos. Cada nena ou neno ten os seus intereses.
Tódolos libros son un bo xoguete. Serven para mirar, sentir, pintar, escoitar, contar, ler.
Os bos libros infantis son sempre bos libros.