O Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, presenta a cuarta edición de Lingua de amor, o concurso de cancións e declaracións de amor a través do correo electrónico.
Un dos obxectivos principais deste concurso é estender o uso do galego como lingua habitual entre a xente moza nas súas comunicacións a través da rede.
Preténdese vincular as rapazas e rapaces de Galicia coa súa lingua e incrementar a percepción do galego como unha lingua que é útil para as actividades de lecer e momentos de diversión: o galego ábreche as portas á hora de coñecer xente, facer amizades e... por que non? Tamén para formar parellas!
Para poder participar neste concurso debes seguir os pasos seguintes:
1 Rexístrate: debes cubrir o formulario de rexistro. Recorda que todos os campos son obrigatorios.
2 Ingreso: para poder acceder á túa conta, debes introducir o enderezo de correo e mais o contrasinal co que te rexistraches. No caso de xa estares rexistrado/a pero non recordas o correo electrónico co que te rexistraches ou o contrasinal de acceso, envíanos un correo a linguadeamor@cxg.org co teu nome, apelidos e DNI e facilitarémosche os datos de acceso.
3 Unha vez que entraches na túa conta, na banda da esquerda preme sobre "engadir declaración" ou sobre “engadir audio”.
- O número máximo de caracteres para as declaracións é de 350 (con espazos incluídos) e cada participante poderá escribir un máximo de dúas declaracións.
- Para a modalidade de cancións non hai ningún máximo establecido.
4 Lista das miñas declaracións /lista de audio: nestes apartados poderás ler as declaracións ou escoitar as cancións coas que participas neste concurso.
5 Dende a túa conta persoal, no apartado "Datos usuario", poderás actualizar e modificar os teus datos sempre que o consideres oportuno, así como o teu correo electrónico e o contrasinal.
(Se tes algún problema á hora de subir as declaracións ou os vídeos, envíanos un correo a linguadeamor@cxg.org e intentaremos solucionalo coa maior brevidade posible.)
O concurso Lingua de amor está divido en dúas categorías: declaracións e cancións.
Os premios divídense do xeito seguinte:
Modalidade 1: declaracións de amor en galego a través da rede
Categoría A (de 14 a 19 anos):
1.º Un computador portátil Netbook
2.º Unha consola Nintendo DSI XL
3.º Unha cámara de fotos dixital
Categoría B (de 20 a 35 anos)
1.º Un computador portátil Netbook
2.º Unha cámara de vídeo dixital
3.º Unha consola Nintendo DSI XL
Modalidade 2: cancións de amor en lingua galega
1.º Un computador portátil Netbook
2.º Un iPod de 3.ª xeración
3.º Unha consola Nintendo DSI XL
Ademais destes premios, todas as persoas gañadoras recibirán un lote de libros e música en galego.
O prazo para participar permanecerá aberto ata o 28 de maio de 2010.
O prazo para as votacións será dende o 29 de maio ata o 6 de xuño de 2010.
O Consello da Xuventude agradécelle a súa colaboración á Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Podes consultar o texto íntegro das bases facendo click aquí.