16/6/09

PRESENTACIÓN NA LIBRERÍA DONÍN - O ARCO DA VELLA


Este sábado 20 de xuño, ás 12:00h. terá lugar unha presentación con contacontos dun libro infantil (para pequenos de ata 8 anos, aprox.), O ARCO DA VELLA, escrito por Charo Pita (actriz, contacontos e escritora), e ilustrado polo noso compañeiro de Marimanta Xosé Tomás. O acto será na librería DONÍN, e consistirá nunha sesión de contacontos por parte da autora, así como cunha demostración de debuxo en vivo e directo por parte do ilustrador.
"A vella Maruxa tiña un amor viaxeiro. Cando soubo que o seu amor marchaba, comezou a tecer para el un abrigo con sete fíos de la. O día da partida entregoulle ao seu amor o abrigo e viu como o seu amor partía deixándolle nos labios un bico e na man un anel de prata. Unha noite, o anel desapareceu. ¿Poderá a vella Maruxa recuperar o anel perdido guindando ao ceo sete fíos de la?"

ANIMÁDEVOS E ASISTIDE!!

1 comentario:

An dijo...

Que puidese, Sorte con todo. SAúdos e apertas
http://cgruan.blogspot.com