4/1/09

Un spot publicitario

Impactante vídeo publicitario da campaña canadinana de fomento da lectura que promove a Fondation pour l'alphabétisation. Baixo o lema "When we don't read, imagination disappears" ("cando non lemos, desaparece a imaxinación"), amosa aos personaxes dos contos tradicionais hospitalizados, agonizando algúns, porque ningunha mente lles da cobixo. Resulta unha interesante metáfora daquelo que dende Marimanta perseguimos con teima: a tan desexada biblioteca infantil. Mentres non haxa espazos para a lectura, estamos a perder un precioso tempo de expansión interior (cultural, formativa e, en definitiva, humanizadora) de xeracións de nenas e nenos. O día en que esa biblioteca bote a andar (lembramos que xa foi anunciada na prensa: http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2008/12/31/0003_7434279.htm) estarase poñendo en valor a necesidade de ir curando esta sociedade doente a base do único antídoto posible: o coñecemento.

No hay comentarios: