23/7/12

"Querido Balbino" en Betanzos



A exposición que celebra os 50 anos do libro Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas chega a Betanzos da man da Asociación Cultural Eira Vella.
Será o martes 31 de xullo cando se inaugure e permanecerá exposta no edificio Arquivo ao longo do mes de agosto.
Para coñecer datas e horarios podedes consultar o blog da asociación clicando aquí.
Se queredes coñecer algo máis da obra podedes clicar aquí e veredes o publicado no noso blog sobre o libro e o seu autor.

15/7/12

Título: Mari Pepa y el club de los pirados

Autor: Alfredo Gómez Cerdá

Ilustrador: Miguel Navia

Editorial: Macmillan Heinemann











O libro céntrase nunha protagonista, Mari Pepa, que é chinesa, aínda que adoptada por pai españois; de aí o seu nome. Mari Pepa quere saber quen é porque se ve amarela e pregúntase como pode chamarse Mari Pepa García Pérez e ter cara de chinesa. Este feito prodúcelle tantas preocupacións que decide convocar unha reunión de persoas que saiban realmente quen son.
Entón atópase con Juanan que é un etíope adoptado e que tamén, como ela, ten dúbidas e preguntas.
Xuntos axudan a Víctor, un mozo que foxe das garras de Dani Ogro, o cal quere aproveitarse do seu pasado para manter a gran audiencia do programa de televisión que dirixe.

Como en moitas das súas obras, Alfredo Gómez Cerdá traza nesta historia unha parábola da nosa sociedade e critica algúns hábitos que non lle gustan. Nesta ocasión o obxectivo da crítica son os programas-basura que emiten algunhas televisións e os seus presentadores, que son capaces de calquera acción con tal de manter os niveis de audiencia. Ao mesmo tempo trata dunha forma moi agradable as cuestións que se poden plantexar os nenos que foron adoptados noutros países e se sinten diferentes.