9/1/09

CLUBS DE LECTURA

A Xunta de Galicia vén de editar un libro sobre os clubs de lectura, a súa historia, o que deben perseguir, como constituilos, e demais precisións acerca dunha experiencia moi antiga, pero que hoxe está recobrando importancia.
Nós, en Marimanta, temos intención de crear máis de un, e de feito estamos a piques de iniciar o club de lectura de Banda Deseñada.
O libro do que falamos titúlase "LECTURAS COMPARTIDAS", e a súa autora é Eva López. Pódese descargar íntegro en PDF pulsando aquí.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ánimo no da creación dun club de lectores de Banda Deseñada; oxalá estea dirixido a todos os públicos .

Marimanta dijo...

Bueno, en principio Marimanta nace para cubrir un baleiro na formación cultural dos nenos, pero tampouco nos pechamos a que adultos poidan integrarse nas nosas actividades. De feito non nos viría nada, nada mal un apoio e, como non, adhesións en todo o que teña que ver co libro. Daremos información con tempo para asistir á primeira reunión do club de lectores. Garciñas por seguirnos.
Xosé Tomás (Marimanta)