26/1/09

CLUB DE LECTURA DE BANDA DESEÑADA

Marimanta vén de rematar os obradoiros de creación literaria impartidos polo escritor Francisco Castro, e dende o colectivo estamos especialmente satisfeitos pola calidade do mesmo, e a boa acollida que tiveron entre as rapazas e rapaces asistentes. De feito, queremos agora enganchar coa seguinte actividade; un club de lectura de banda deseñada (ou sexa, de cómic).
A dinámica a seguir consistirá nunha reunión mensual (dunha hora, máis ou menos), na que se falará dunha obra de banda deseñada que, previamente, acordaremos ler todos.

Quen pode asistir? En principio, Marimanta foi pensada para nenos e rapaces novos. Pero iso non quita que poidan asistir adultos. Iso si, para esta actividade poñemos un límite de idade mínimo: 10 anos.

A primeira xuntanza terá lugar no Salón Azul do Edificio Liceo, o sábado 31 de xaneiro, ás 11:00. Dado que é o primeiro día, non hai que levar nada lido, porque será o día das propostas. Como coordinador do club, propoño que a obra para iniciármonos sexa "ARRUGAS", de Paco Roca. Trata o tema do Alzheimer dunha maneira especialmente sutil e conmovedora.

Unha vez feita a proposta, os asistentes farían unha lectura do libro na súa casa, con calma, pero con detenimento, incluso tomando anotacións dos detalles que máis chaman a súa atención. Na seguinte reunión, póñense en común as opinións, establécese un debate, e proponse de novo outra lectura. E así até que nos cansemos (se nos cansamos).

Animamos a quen o desexe (e pase dos 10 anos) a asistir á seguinte reunión. É de balde (como moito, haberá que comprar o libro, ou collelo en empréstito na biblioteca), e tan só se solicita ilusión pola banda deseñada, ganas de participar e compartir opinións, e, sobre todo,...ansias de saber.

AGARDÁMOSVOS!
Xosé Tomás - Colectivo Marimanta

3 comentarios:

germam dijo...

Parabéns pola iniciativa. xa está recollida en culturagalega.org

pick and roll dijo...

Interesante iniciativa, José Tomás, y buena elección para empezar: "Arrugas" es una obra emotiva que no se deja llevar por sensiblerías, que trata con la delicadeza y el humor que muestran la portada un tema tan duro como el del alzheimer, y que emplea un lenguaje visual sencillo y evocador... Sin embargo, un pero: peca de insulsez. ¿Un par de sugerencias para el futuro? Miguelanxo Prado y su desconcertante "Trazo de tiza"; Alison Bechdel y su incómodo "Fun Home"; o, en la misma línea de "Arrugas", "Madre, vuelve a casa", de Paul Hornschenmeier. Seguiremos en contacto...

Anónimo dijo...

Tomo nota. Miguelanxo Prado ya era, por supuesto, uno de nuestros autores deseados. Gracias por las sugerencias, y gracias también por seguirnos y animarnos.
Un abrazo
XTomás - Marimanta