17/1/09

Exposición inaugurada!!

O sábado 17 inauguramos a nosa primeira exposición, GALICIA SOLIDARIEDADE. Vinteún ilustradores que crean imaxes sobre a solidariedade e a paz, e vinteún escritores que "ilustran" esas imaxes cos seus textos. Franisco Castro realizou a inauguración oficial, e alí nos demos cita, entre outros, os asistentes ao obradoiro de creación literaria, que comezaba media hora máis tarde.

Nesta exposición quixemos aportar a posibilidade para os rapaces de realizar a visita de maneira activa: para elo elaboramos unhas pequenas "fichas" de traballo (nalgúns casos son coma xogos), diferentes segundo o curso e idade dos visitantes. Desta maneira o profesorado que o desexe (que as recibirá nos seus centros), poderá usalas para levar aos seus alumnos á mostra e realizar as actividades alí mesmo.

Pero tamén propoñemos outra opción: que os profes manden aos rapaces facer esas fichas como tarefa a realizar pola súa conta, e a levar feita despois a clase. pode ser divertido ir cun grupiño de amigos a facer os deberes ao Edificio Liceo.
Ah!: a exposición está alí até o día 31 de xaneiro. Que a desfrutedes!

1 comentario:

An dijo...

Xenial, agardo que teñades moito exito. Saúdos e apertas