
de 3 a 5 anos, co título "A vella quenlla perde os dentes"
de 6 a 8 anos con "O neno que tiña medo dos robots/ O robot que tiña medo dos nenos".
de 9 a 12 anos con "A Odisea"
Os propios colexios son quen se encargan de levar ao alumnado, coa colaboración do Concello.
Ademais, dous dos libros escollidos teñen participación de autores betanceiros: o escritor e concelleiro Xabier López López (A vella quenlla perde os dentes) e o ilustrador e profesor Xosé Tomás (O neno que tiña medo dos robots / O robot que tiña medo dos nenos).
Esperamos que tanto os actos de animación coma os propios libros (que os nenos levarán para as súas casas) sexan do agrado de todos.
3 comentarios:
Vexo con ledicia que seguides ca vosa teima, noraboa e, como non, grazas
http://cgruan.blogspot.com
Claro que hai que seguir. E graciñas por visitarnos.
Marimanta
un pracer, e se nas miñas modestas mans esta o facer algo...non o duvidedes...contade conmigo. Saúdos
Publicar un comentario