28/12/08

OBRADOIRO DE CREACIÓN LITERARIA

O colectivo Marimanta, que vén de rematar os obradoiros de Banda Deseñada, desexa seguir coa súa liña formativa para lectores, organizando para o mes de xaneiro un OBRADOIRO DE CREACIÓN LITERARIA. Este será impartido polo escritor e editor (da editorial Galaxia) Francisco Castro, con gran experiencia na formación de rapaces e adultos nas técnicas da escritura creativa. O curso está dirixido a rapazas e rapaces de entre 10 e 12 anos de idade, e terá un límite de 15 asistentes (por rigorosa orde de matrícula). Terá lugar en dous sábados, o 17 e o 24 de xaneiro, con dúas horas de duración cada un dos días (sábado 17 - de 11:30 a 13:30h; sábado 24 - de 11:00 a 13:00h.), no Salón Azul do Edificio Liceo.
O prezo para os asistentes é de 20 euros, e o lugar para apuntarse será na Biblioteca Municipal. O prazo de matrícula será do 8 ao 15 de xaneiro, ambos incluídos.

2 comentarios:

An dijo...

Sei que teredes fortuna na vosa empresa...escollichedes un bo mestre. Saúdos e apertas

Marimanta dijo...

Graciñas polos ánimos, An. Tamén nós sabemos que escollemos cabalo gañador.
Apertas
Marimanta