





E a nosa biblioteca pública non está pensada para nenos.


E non estamos afeitos a este tipo de bibliotecas: bibliotecas que cambian de aspecto segundo a época ou a celebración; que ben contan contos ou expoñen cadros; que posúen salas anexas para realizar obradoiros (de cómic, de prensa, de creación literaria, para charlar informalmente de libros,...); que teña unha cafetería para que poidamos tomar unha Fanta mentres lemos A Cebra Camila co avó ou mamá. Unha biblioteca, en definitiva, viva, cambiante, que evolucione. E se chega a existir, entón viría a segunda parte da historia: hai que buscar magos para traballar alí. Persoas ultrasensibles ante a responsabilidade que conleva ese cargo: estarán impulsando a lectura nos cidadáns do futuro, e iso si é importante para unha sociedade que adoita pecar de superficial.

Iso é o que queremos, un espazo de liberdade para o intelecto e a imaxinación. Un espazo multidisciplinar, que sirva de foco dinamizador para os nosos nenos, que levan anos e anos desfrutando tan só de actuacións puntuais e esporádicas, e que precisan atención continuada.
E por iso imos seguir traballando.
Marimanta.
4 comentarios:
Carafio...quen non quixera unha biblioteca asi...pero buerno, agardo que pouco a pouco a cousa mellore e algun día me toque ilustrar unha...e sexa ben fermosa :) Saúdos e apertas
Desde logo sería un puntazo ter unha biblioteca desas , oxalá os nosos fillos poidan disfrutar de algo semellante antes de medraren. O voso esforzo é moi valioso.
Moitos parabéns a Marimanta.
Grazas polo apoio. A biblitoeca municipal está en marcha como proxecto, pero queda moito por decidir até que sexa unha relaidade: unha coherente e funcional distribución dos espazos, persoal cualificado e (importante) motivado, etc. Agardamos que todo vaia como debe ir.
Apertas
XTOmás - Marimanta
Agardo poder disfrutala cos meus fillos e non inaugurala cos meus netiños. Saúdos
Publicar un comentario