28/12/08

EXPOSICIÓN - "GALICIA SOLIDARIEDADE"

Marimanta organizará, con motivo da celebración do Día da Paz (30 de xaneiro), unha exposición titulada "Galicia Solidariedade", en colaboración coa Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), que mostra a obra de escritores e ilustradores galegos en torno a este tema. A exposición será presentada o sábado 17 de xaneiro no Edificio Liceo ás 11:00h. a cargo do escritor e editor Francisco Castro, e poderá visitarse até o día 31 de xaneiro. Dita exposición contará con material didáctico para que o profesorado dos centros poidan utilizalo nas súas visitas con escolares. Se alguén quere visitar a exposición dende estas liñas, e de maneira virtual, pode facelo facendo click aquí mesmo.

2 comentarios:

An dijo...

Dame a min que o traballo de RuAn non vai estar...inda así parece unha gran iniciativa...tratarei de ir ver dita esposición :) Saúdos

Marimanta dijo...

Esta exposición é antiga, e por iso moitos dos ilustradores actuais non están (ou non estamos). Incluso algún escritor o era en cernes, e creo que iso lle dá á exposición certo ton de frescura a presares dos anos (fíxate que incluso está Casares).
XTomás