15/1/11

Camiño perigoso

Título: Camiño perigoso
Autora: Ánxela Loureiro
Ilustrador: Juan Carlos Abraldes
Editorial: Xerais

Alba, unha moza de trece anos, filla de Xan o Poeta e dunha costureira, conta que a súa apracible vida cambia no momento en que os seus pais desaparecen e ten que coidar dos seus irmáns pequenos.
A protagonista decátase da inxusta realidade cando se entera de que o pai saíra cun grupo de campesiños para protestar ante o Señor de Endrino de Pontedemo polos impostos excesivos que os condenaban á miseria.

Practica co tirapedras, aprende a usar o arco e, deixando aos seus tres irmáns preparados para buscarse a vida, decide emprender un arriscado percorrido na procura dos seus pais. A adversidade, a fatiga, os medos e as doenzas non impiden que siga adiante e se mergulle nunha apaixoante aventura.

É unha novela de aventuras ambientada no medievo, onde se mesturan a acción, o drama, o amor e os toques humorísticos.

3 comentarios:

RuAn dijo...

Pois non deixa de ser unha interesante posivilidade para unha lectura adulta. Apertas

Anónimo dijo...

Estou de acordo, as obras de literatura clasificada como Infantil e Xuvenil poden ser estupendas lecturas para os adultos. Realmente se ten calidade é universal e todos podemos disfrutala.
Mª Carmen

Anónimo dijo...

es una puta mierda de libro