Vantaxes
- Permite almacenar unha enorme cantidade de obras dixitais, que ocuparían miles de páxinas en papel.
- Pódese cambiar o tipo e o tamaño da fonte, tomar notas e logo borralas, buscar o significado dalgún termo do texto por internet ou nun dicionario preinstalado.
- Pódense descargar subscricións a revistas.
- Permite levar a todas partes os títulos favoritos de cada un, aproveitando calquera intre para ler.
- Ten a posibilidade de conectarse a internet desde calquera sitio, para comprar un ebook cando faga falta.
- A maioría de lectores posúe a función text-to-speech, o lector "le" en voz alta.
- Ao non ter retro-iluminación, gasta pouco en enerxía, polo que as baterías dun lector de eBook poden aguantar ata 10.000 páxinas lidas.
Inconvintes
- A enorme diversidade de formatos segue sendo un problema para os usuarios de ebooks.
- A pesar de que existan modelos de lectores ebook que visualizan as cores, estes non son precisamente baratos.
- As baixas frecuencias de refresco non permiten ver animacións e vídeos, ademais o cambio de páxina nalgúns modelos segue sendo algo lento e borroso.
- A pesar da súa portabilidade e da longa duración das súas baterías, chega o momento en que se necesita recargalas.
- Ler un libro dixital nun e-reader actual resulta máis difícil en situacións con exceso de luz externa.
- A fabricación de ebook-reader require o uso de sustancias tóxicas. Non son aparellos reciclables.
- Os lectores electrónicos son de difícil alcance para os menos favorecidos do mesmo xeito que a descarga online de contidos. Un libro en papel usado costa moito menos e é máis fácil de conseguir; polo custo dun e-reader novo pódense comprar moitos libros impresos de ocasión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario