11/6/12

Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo.
Ao principio Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa apenas se coñecen, mais este incidente fará que as súas vidas cambien e que se decaten de que teñen máis cousas en común que asistiren á mesma escola: estraños poderes, aventuras e misteriosos encontros… Pronto descobren que os problemas que se lles presentan soluciónanse grazas á axuda mutua, a que cada un aporta o mellor de si e conseguen superar as diferenzas que xurden.
A planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo, polo que os protagonistas viaxan á época castrexa, á Idade Media, á Revolución Industrial.
Son catro os títulos escritos e ilustrados por Anxo Fariña:
OS MEGATOXOS E O APRENDIZ DE DRUÍDA
OS MEGATOXOS E A ESPADA ESMERALDA
OS MEGATOXOS E OS TEMPLARIOS DA LUZ
OS MEGATOXOS E A CARA OCULTA DE LÚA
Nun principio foron publicados pola editorial A Nosa Terra, agora é a editorial Xerais a que se ocupa da súa edición.
Apareceu recentemente unha reedición revisada do primeiro título: Os Megatoxos e o aprendiz de druída.

Se queres coñecer máis sobre estes personaxes e seguir as novidades podes visitar o seu blog.

No hay comentarios: