13/4/11

Mamá Cabra

Mamá Cabra é un grupo de música infantil.
Eles preséntanse dicindo que a idea orixinal partíu de facer cancións para as clases de Educación musical, pero acabaron subidos a un escenario e artellando xogos para compartir un momento de ritmo, canto, audición e sobre todo movemento musical. Sempre hai unha canción para falar da importancia de comer de todo, de comer froitas e verduras, sempre hai algunha de bailar e sempre hai algunha de cantar. Teñen dous espectáculos en marcha que duran sobre unha hora e van dirixidos a nenos e nenas entre 0 e 10 anos.
Ademais publicaron xa sete libros:


  • Cantos Rodados

  • Cantando Comigo

  • Tan só con leres un libro

  • Cartas que veñen e van

  • Patatín Patatán

  • Todos os animais ó caixón

  • Ola, ola, la!

Na súa páxina web (http://mamacabra.com/ ) podemos coñecelos mellor e ademais escoitar a súa música, mesmo baixar algunha canción.

1 comentario:

RuAn dijo...

Ola, ola, la! é un libro máis que recomendable. As ilustracións de Kristina Sabaite son fantásticas. Apertas