1/4/10

A familia xoga un papel importante na formación de bos lectores.

Ler na casa:
1. Buscar un tempo e un lugar para ler todos os días cos nenos e nenas.
Esta lectura non debe estar relacionada coas tarefas escolares.
É máis importante a calidade da relación establecida que a cantidade (15 minutos poden ser suficientes).
Sentarse ao seu carón e ler para eles e con eles.

2. Compartir a lectura en familia, aínda que sexan autónomos lendo.

3. Facer da lectura un tempo divertido.

4. Ler libros, revistas, xornais que lles resulten interesantes para poder comentar o que neles aparecen.
Non pedirlles que fagan resumos, que expliquen o que entenderon, non é un traballo, é un placer.

5. Demostrar que para os pais a lectura é gratificante, ler diante deles, comentar o libro que se está lendo.

6. Interesarse e preguntarlles polo libro que están lendo (de forma voluntaria ou porque lles mandaron no colexio).

7. Falar cos nenos e nenas dos seus gustos e intereses.

8. Axudarlles a seleccionar libros, sen impoñer as preferenzas dos adultos.

9. Mostrarlles os recursos dos que dispoñen na súa localidade no referente a buscar información e libros.

10. Acompañalos a librerías, bibliotecas.

11. Calquera motivo pode ser bo para ler, axudarlles a comprobar que a lectura é importante para calquera actividade.

1 comentario:

RuAn dijo...

Nosa nena ten catro meses..e léolle de cando en cando, todos din que estou tolo...e pode ser, pero eu pásocho moi ben, e ela, mentres lle leo, pon caras pero non chora...o cal xa é unha vantaxe.
Por certo, e eliminade o comentario si vos parece mal, creei un novo caderno sobre LIX (http://colixu.blogspot.com) Saúdos e apertas, hei gardar estes consellos para tratar de aplicalos