20/9/10

Características dos lectores de libros electrónicos

Xa dixemos que un ebook pode lerse en calquera dispositivo que teña memoria e pantalla.
Imos agora centrarnos nas características dos ebook reader, que teñen como función específica a lectura de libros electrónicos:
  • Son dispositivos móbiles con baixo consumo de enerxía para permitir lecturas prolongadas sen necesidade de recargas.
  • Teñen pantallas con dimensións suficientes para mostrar documentos tradicionais.
  • Dispoñen dunha tecnoloxía denominada tinta electrónica, na que se simula a lectura sobre o papel debido á ausencia de iluminación propia e ao alto contraste obtido (non emana luz e non xera reflexos). Non necesita alimentación máis que nos cambios de pantalla, de aí o seu baixo consumo de enerxía.
  • As pantallas de tinta electrónica non teñen retroiluminación, polo tanto non se poden ler sen unha adecuada iluminación.
  • A escala de grises que manexan oscila entre 4 e 16 niveles de gris.
  • Un lector de eBook pode almacenar centenares de títulos literarios e científicos.
  • Pódese cambiar o tipo e tamaño da fonte, agrandala ata poder ler correctamente, tomar notas e logo borralas.
  • A maioría de lectores posúe a función text-to-speech, que permite que lea en voz alta.

15/9/10

Contos por palabras


“É verdade que sigo sendo o propietario dunha empresa de limpeza, pero debo engadir que agora é a máis poderosa da cidade. A que limpa as cristaleiras máis altas. A que se atreve coas encargas máis arriscadas. A que conta con oitenta empregados en nómina. Aínda que mellor sería dicir que conto con setenta e nove máis un. Porque eu ben sei que se non fose polo meu empregado-estrela, as cousas habían ser moi diferentes.
Lembro ben o día en que chegou ó meu despacho. Era un venres pola mañá, e pedírame por teléfono unha entrevista, respondendo o anuncio por palabras que eu puxera nos xornais. Estaba tomando un café con leite ben quentiño, pois era tempo de inverno, cando alguén petou na porta e, sen darme nin tempo a reaccionar, atopeime con aquel home diante de min, vestido cun estraño traxe vermello e azul que se lle pegaba o corpo e o cubría dos pés á cabeza.”


Quen credes que será o empregado-estrela desta empresa de limpeza?
Se desexades coñecer a historia completa podedes ler o libro
:

Contos por palabras

Autor: Agustín Fernández Paz
Ilustrador: Miguel Vigo ou Enjamio (segundo a edición)
Editorial: Xerais ou Biblioteca Galega 120 de La voz de Galicia


Está composto por relatos curtos nos que o autor imaxina historias de xente corrente a partir da lectura dos anuncios por palabras que aparecen nos xornais.
Os textos oscilan entre o elemento marabilloso (como no caso do dono dunha axencia de contactos empeñado en atoparlle parella a un unicornio azul) e o realismo (unha nai está obsesionada por converter á súa filla en nena-anuncio), polo que non sorprende que nunha funeraria contraten a Drácula e nunha empresa de limpeza traballe eficazmente ...

7/9/10

Outra forma de ler: ebooks

Un libro dixital ou ebook é a versión electrónica dun libro. Son varios os formatos nos que se poden presentar: PDF, EPUB, MOBI, PRC, FB2, HTML, TXT, LRF, ...
Diversos dispositivos poden utilizarse para lelos: un PC, unha PDA, un portátil, un teléfono móbil, en xeral, calquera que teña memoria e pantalla.
Dende hai uns anos entraron no mercado uns dispositivos específicos para ler libros electrónicos ou ebooks, chamados lectores de libros electrónicos, ebook reader ou, simplemente, ebook. Este tipo de elementos caracterízase por ofrecer unha pantalla de considerables dimensións e cunha tecnoloxía denominada tinta electrónica que permite a lectura de igual forma que se logra utilizando como soporte o papel. Son dispositivos que consumen pouca enerxía e son facilmente transportables. Algúns á lectura de libros engaden outras posiblidades como uso de dicionarios, busca nos libros, escritura de notas, suliñado.

En posteriores entradas iremos vendo máis polo miúdo as características deste mundo da lectura electrónica.

31/8/10

Comeza un novo curso

Estreamos un mes de setembro rebosante de sentimentos encontrados: apenados por deixar a placidez das vacacións ao mesmo tempo que nos sentimos nerviosos e expectantes ante o comezo dun novo curso, ímonos facendo á idea de dicir adeus ao calor e ao soliño para recibir un outono cambiante e un tanto alocado, aínda podemos ler algún libro á refrescante sombra dunha árbore e imos preparándonos para as lecturas no calorciño da casa.
Unha boa maneira de ir introducíndonos no curso e unha lectura sobre unha escola, unha escola moi particular:


Título: A escola dos piratas
Autor: Agustín Fernández Paz
Ilustrador: Luis Filella
Editorial: Rodeira

Levaba chovendo sen parar desde principios de curso. Aquel día, no colexio da parte alta da cidade, Marta e os seus compañeiros de curso tampouco puideron saír ao recreo pola chuvia. Estaban na aula cando de repente todo se empezou a mover: o floreiro, os cadernos, ...
A escola comezou a esvarar pola aba do outeiro, lentamente, ata deterse no medio do río, que medrara e batía con forza contra as ventás. Entón…

20/8/10

MARIMANTA entrevista a VÍCTOR RIVAS

MARIMANTA: Nome?

Víctor Rivas:Víctor Rivas

M: Profesión?

V.R.:Ilustrador, Autor de comics, Deseñador gráfico

M: Anos adicados a esta tolemia?

V.R.:máis de 20

M: Motivos?

V.R.:Para min o debuxo é unha extensión do mundo, cando creo síntome como unha fiestra que se abre a outro universo e eu teño que estar ahí para que sega aberta

M: “Víctor Rivas é o debuxante máis rápido que existe”. Certo?

V.R.:É relativo, o que pasa é que cando me poño levo traballando na idea mentalmente hasta que sae e tamén unha certa habilidade colles cos anos.

M: Autores de banda deseñada preferidos?

V.R.:Ives Chaland, Robert Crumb, Bruce Timm, Trondheim, Sfar, Emile Bravo, Cristophe Blaim ...

M: Consellos para os que din que a banda deseñada é cousa de nenos ou de frikies?

V.R.:Ir berrando ó campo de fútbol todos ca mesma camisola... iso si é ser friki!

O comic é un medio de contar historias, e como en todo hai comics para frikis e comics para os que non o son, como no cine, no teatro, na literatura... penso que hai máis literatura friki que comics... Para nenos é un 30 ou 40% do que hai nunha libreiría especializada

M: Quen é realmente Harry Pórrez?

V.R.:Un apampanado metido a mago, sempre que o debuxo acaba facendo das súas, é el quen move a miña man... maxia, supoño.

M: Próximos proxectos confesables?

V.R.:Un conto con debuxo gótico ilustrado por min e texto de Francisco Naranjo, e algunhas ilustracións para o mercado internacional.

M: Un millón de grazas. Prometemos fidelidade absoluta!

V.R.: A vós.

18/8/10

Harry Pórrez y el as en la manga de Condemort


Autores: Vergara, Víctor Rivas, Enrique Carlos
Editorial: El Jueves

Harry Pórrez vive cos seus tíos, que o criaron dende que tiña uns poucos meses, alleo aos extraordinarios poderes que posúe, a pesar de que de vez en cando provoca cos seus involuntarios feitizos algún accidente doméstico. Un día, Rufus Hank, un enorme mago, irrompe no domicilio dos Peláez e revélalle ao rapaz que os seus pais morreron a mans de Condemort, o mago mais escuro e desapiadado do mundo, e que el, Harry Pórrez, é unha lenda por ter escapado con vida do desapiadado ataque do asasino. Harry abandona a súa tranquila vida familiar no chalé dos Peláez, en Garrapinillos, e trasládase ao Colexio Howrats de Maxia, dando comezo a unha grande epopea, baixo a ameaza continua de “Quién tu ya sabes”

Trátase dunha divertida parodia dos coñecidos libros de Harry Potter, cun protagonista, Harry Pórrez, despistado, sen control dos seus poderes e rodeado de estraños profesores e compañeiros de todo tipo, pelexando contra inimigos ridículos e patéticos.

O galego Víctor Rivas, autor xunto con Enrique Carlos da parte gráfica desta obra, é ilustrador e autor de cómics. Ilustra libros principalmente para o mercado americano, colabora en revistas e editoriais de toda España, ademais de levar a cabo os seus proxectos persoais no mundo do cómic. É o autor das ilustracións da edición nº 14 do libro de Fina Casalderrey Dúas bágoas por Máquina.

13/8/10

O incrible neno devorador de libros

Continuando o paseo pola Feira do libro atopamos outro exemplar curioso, este chama a nosa atención pola encadernación e polo título:



O autor do texto e das ilustracións é Oliver Jeffers, traducido ao galego por Laura Sáez e Óscar Villán, está publicado pola editorial Patasdepeixe de Vigo.
Trátase dun álbum que nos conta como un neno come libros e libros de maneira que se vai facendo máis listo, ata comprender que o mellor é... lelos, aínda que de cando en vez ocorre o que nos mostra a cuberta.

Un libro para ler, mirar, disfrutar e procurar non comer.

8/8/10

Feira do libro de A Coruña

Dende o pasado día 1, e ata o día 10, estase a celebrar nos xardíns de Méndez Núñez a edición XXXIX da Feira do libro. Coma todos os anos ademais da exposicón e venda de libros están programadas actividades diversas: animacións dirixidas aos nenos, presentacións de libros, firma de autores, sorteos, ...
Paseando polo maravilloso recinto onde se celebra, na busca de lecturas interesantes tanto para adultos coma para nenos, atopamos este libro que chama a atención polo seu título:

Cómo enseñar a tus padres a disfrutar de los libros para niños, da editorial SM, escrito por Alain Serres e ilustrado por Bruno Heitz.



O libro recopila moitas das excusas que se poden utilizar para non ler libros infantís e os correspondentes argumentos irrebatibles a favor da súa lectura.
Recomendado para pais que se cansan de ler libros cos seus nenos e para os que pensan que a literatura infantil supón unha perda de tempo.

En xeral, para todos os pais e para todos os nenos porque é un libro-álbum divertido e imaxinativo.

2/8/10

Victor Rivas. Revista Retranca


A imaxe mostra a obra realizada por Victor Rivas e Kiko da Silva para a revista Retranca. Trátase da páxina 4 do número 22, correspondente ao bienio outubro-novembro de 2009.

Retranca é unha revista de humor galego que dirixe Kiko da Silva, nela reflíctese e cuestiónase a realidade galega a través da risa. Conta con autores coma Miguelanxo Prado, Manuel Rivas, Xaquín Marín, Pinto e Chinto, Kohell, Andrés Meixide, Luís Dávila e Mel, entre outros. Cada número está adicado a un tema de actualidade: a crise, o feísmo, cambio climático, …

Unha mágnifica maneira de reflexionar sobre o que nos está a pasar lendo e rindo con esta revista xenial!

27/7/10

Dave McKean. Los lobos de la pared


Guión: Neil Gaiman
Dibujos: Dave McKean
Editorial: Astiberri Ediciones

A protagonista desta historia é Lucy, que vive cos pais e o irmán. Nas paredes da súa casa Lucy escoita ruídos raros, que segundo ela son provocados por lobos que habitan dentro das paredes, e que están intentando saír. Cada vez que lle conta a alguén a súa teoría, a resposta é a mesma: “Iso é imposible, porque como todo o mundo sabe, se os lobos saen das paredes, todo está perdido”. E xusto entón os lobos saen das paredes…

É un relato infantil que resulta igualmente interesante para os adultos. Tanto se pode dicir que é un conto coma que é un cómic. O que ocorre nesta historia ensina unha serie de leccións a quen aínda non as sabe e recórdallas a quen xa as coñece, entre elas, que o feito de que todo o mundo pense que non se pode facer nada ante o que está establecido dende sempre non significa que en todos os casos sexa así.


Dave McKean naceu en Maidenhead (Inglaterra) en 1963. É un dos ilustradores e diseñadores máis importantes de Gran Bretaña.
Ilustrou portadas de discos, de libros; participou en proxectos publicitarios; dirixiu curtametraxes; pero sobre todo é coñecido polas súas novelas gráficas, elaboradas en colaboración con Neil Gaiman.

22/7/10

Viñetas dende o Atlántico


A edición número 13 do Festival Internacional de Banda Deseñada da Coruña "Viñetas dende o Atlántico" vaise celebrar entre os días 9 e 15 de agosto, aínda que haberá exposicións que perduren durante todo o mes.
Como en anos anteriores, personaxes de cómic recreados en cartón pedra tomarán a cidade. Ao repertorio xa habitual: Superman, Spiderman, Tintín, Capitán Trueno, Mortadelo e Asterix, unirase este ano Joker, o eterno inimigo de Batman.
Durante esa semana desenvolverase nos Xardíns de Méndez Núñez a feira de libreiros e editores. Nese mesmo espazo situarase a Carpa do Cómic, onde se levarán a cabo numerosas actividades relacionadas co sector.
O debuxante americano, Will Eisner, falecido no ano 2005, será un dos protagonistas.
A lista de debuxantes invitados inclúe, entre outros, a Víctor Rivas, Camille Jourdy, Dave McKean.
O festival adicará unha exposición específica ás tiras que se publican na prensa e outra ao esqueleto, que revisará o tratamento que a historieta fai desta parte da anatomía; así mesmo veremos unha exposición sobre historias que se desenvolven en cidades mergulladas.
Este ano estrease páxina web: www.vinetasdesdeoatlantico.com, na que atoparemos información sobre convidados, exposicións, conferencias.

En próximas entradas iremos descubrindo algo máis sobre os protagonistas deste importante festival que nos permita disfrutar ao máximo das súas actividades e exposicións.

16/7/10

Rosalía de Castro para nenos


Edición de Victoria Álvarez
Ilustracións de Celso Dourado
Ediciones de la Torre
Cúmprense 125 anos do pasamento da nosa gran poetisa, figura principal do Rexurdimento. Despois de séculos de oscurantismo nos que non se publicaron obras relevantes en galego ela asume con naturalidade a defensa e a canción da súa Galicia natal, dentro do movemento europeo en pro das culturas autóctonas e tradicionais.
Nesta edición os rapaces atoparán datos biográficos, comentarios da obra de Rosalía e unha bonita escolma dos seus poemas.

9/7/10

Unha viaxe á Idade Media


Título: A Nosa Historia
Autor e ilustrador: Pepe Carreiro
Asesoramento histórico: Manuela Álvarez Lozano
Editorial: A Nosa Terra
Un bo momento para coñecer algo máis da vida dos nosos antepasados do Medievo.
Nesta colección de 20 volumes Pepe Carreiro da un repaso global á historia de Galicia, dende os prehistóricos ata os galegos actuais, dunha forma amena e sinxela.
É unha boa lectura para disfrutar en familia porque se adapta a diferentes idades.

5/7/10

Construtores. Animais extraordinarios


Autor: Xulio Gutierrez
Ilustrador: Nicolás Fernández
Editorial: Factoría K de libros
Castores, aves, avespas, térmites, peixes e outros seres mariños, ..., todos necesitan construir a súa casa e algúns fano dun xeito ben curioso.
Libro cunhas maravillosas ilustracións que nos acerca a diversos animais e ás formas diferentes de construir as súas goridas.

21/6/10

El fantasma que odiaba las matemáticas


Autor: Rafael Ortega de la Cruz
Editorial: Nivola


Lucía é unha nena de seis anos á que non lle gusta facer uns deberes que non entende, sobre todo os de matemáticas. Unha noite escoita uns saloucos dentro da súa habitación e a súa curiosidade vence ao medo. Lucía asómase ao interior do armario e descobre a Bruno, un neno-pantasma, que ten uns problemas parecidos aos seus...
Entre os dous amigos resolverán os problemas matemáticos que lles poñen os seus profesores, compartirán lecturas e salvarán os primeiros escollos das súas vidas.

Este libro pertence á colección Lucía y Bruno. Da man destes personaxes nenas e nenos irán revisando, dunha forma orixinal e lúdica, os contidos matemáticos dos diferentes ciclos de Educación Primaria.
Outros títulos da colección son: Aventuras en el castillo de los números, El misterio de los mensajes geométricos, El laberinto de los números romanos, El increíble viaje del cero.

4/6/10

¡Ojalá no hubiera números!


Autor: Esteban Serrano Marugán
Ilustrador: Carlos Pinto
Editorial: Nivola

Imaxinade por un momento que faceríamos se non tivéramos números...
Arturo Comelibros é un neno que desexa que desaparezan os números da súa vida (¡non se lle dan moi ben as matemáticas!) e exprésao con rabia, de xeito que enfada ao rei Pitágoras V, quen decide concederlle o seu desexo...
A que se arma!

É este un libro que a partir dun plantexamento sinxelo nos invita a reflexionar sobre a utilidade dos números e das matemáticas.

25/5/10

CONCURSO Lingua de amor 2010

Xa está en marcha a cuarta edición do concurso de cancións e declaracións de amor a través da internet

O Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, presenta a cuarta edición de Lingua de amor, o concurso de cancións e declaracións de amor a través do correo electrónico.

Un dos obxectivos principais deste concurso é estender o uso do galego como lingua habitual entre a xente moza nas súas comunicacións a través da rede.

Preténdese vincular as rapazas e rapaces de Galicia coa súa lingua e incrementar a percepción do galego como unha lingua que é útil para as actividades de lecer e momentos de diversión: o galego ábreche as portas á hora de coñecer xente, facer amizades e... por que non? Tamén para formar parellas!

Para poder participar neste concurso debes seguir os pasos seguintes:

1 Rexístrate: debes cubrir o formulario de rexistro. Recorda que todos os campos son obrigatorios.

2 Ingreso: para poder acceder á túa conta, debes introducir o enderezo de correo e mais o contrasinal co que te rexistraches. No caso de xa estares rexistrado/a pero non recordas o correo electrónico co que te rexistraches ou o contrasinal de acceso, envíanos un correo a linguadeamor@cxg.org co teu nome, apelidos e DNI e facilitarémosche os datos de acceso.

3 Unha vez que entraches na túa conta, na banda da esquerda preme sobre "engadir declaración" ou sobre “engadir audio”.

- O número máximo de caracteres para as declaracións é de 350 (con espazos incluídos) e cada participante poderá escribir un máximo de dúas declaracións.

- Para a modalidade de cancións non hai ningún máximo establecido.

4 Lista das miñas declaracións /lista de audio: nestes apartados poderás ler as declaracións ou escoitar as cancións coas que participas neste concurso.

5 Dende a túa conta persoal, no apartado "Datos usuario", poderás actualizar e modificar os teus datos sempre que o consideres oportuno, así como o teu correo electrónico e o contrasinal.

(Se tes algún problema á hora de subir as declaracións ou os vídeos, envíanos un correo a linguadeamor@cxg.org e intentaremos solucionalo coa maior brevidade posible.)

O concurso Lingua de amor está divido en dúas categorías: declaracións e cancións.

Os premios divídense do xeito seguinte:

Modalidade 1: declaracións de amor en galego a través da rede

Categoría A (de 14 a 19 anos):
1.º Un computador portátil Netbook
2.º Unha consola Nintendo DSI XL
3.º Unha cámara de fotos dixital

Categoría B (de 20 a 35 anos)
1.º Un computador portátil Netbook
2.º Unha cámara de vídeo dixital
3.º Unha consola Nintendo DSI XL

Modalidade 2: cancións de amor en lingua galega
1.º Un computador portátil Netbook
2.º Un iPod de 3.ª xeración
3.º Unha consola Nintendo DSI XL

Ademais destes premios, todas as persoas gañadoras recibirán un lote de libros e música en galego.

O prazo para participar permanecerá aberto ata o 28 de maio de 2010.

O prazo para as votacións será dende o 29 de maio ata o 6 de xuño de 2010.

O Consello da Xuventude agradécelle a súa colaboración á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Podes consultar o texto íntegro das bases facendo click aquí.

23/5/10



Ao longo deste curso nos colexios da bisbarra desenvolveuse unha actividade titulada RECUPERANDO A MEMORIA.

RECUPERANDO A MEMORIA é unha campaña de animación á lectura para os máis pequenos, que parte da colaboración entre o Concello de Betanzos e o Colectivo Marimanta.
Partindo dunha colección de libros editados pola Fundación “La Caixa” cuxo tema principal é a doenza do Alzheimer, a campaña pretende non só informar aos nenos e nenas sobre esta realidade, senón, e sobre todo, tratar de sensibilizar ás novas xeracións sobre a importancia das relacións interxeracionais.
Máis aló da enfermidade e das súas consecuencias, RECUPERANDO A MEMORIA pretende que os nosos pequenos se acerquen á realidade dos maiores, os coñezan mellor, coñezan os seus pasados e, consecuentemente, os valoren na súa xusta medida. Por este motivo, os libros veñen acompañados dunhas suxestións de traballo ou reflexión, que poden ser adoptados e/ou adaptados polo profesorado, segundo as necesidades de cada curso, cada grupo, e mesmo de cada alumno.
Ademais da realización das fichas que acompañan aos libros poden realizarse actividades como entrevistas, murais, que algún avó vaia ao colexio a contar contos, experiencias, que explique o seu traballo, a actividade á que adica o seu tempo libre, …
Proponse, como actividade final a todo o proceso de lectura, actividades e reflexión, a realización dunha exposición colectiva con obxectos, produtos artesáns, obras de arte, etc. que fosen realizados por avós e avoas do alumnado, ou ben por anciáns achegados.
Todos aqueles que estean interesados nesta actividade poden poñerse en contacto coa biblioteca municipal de Betanzos (981 77 19 46).

14/5/10

El pequeño Nicolás


Chegou aos nosos cines a película titulada El pequeño Nicolás, inspirada na obra literaria escrita por René Goscinny e ilustrada por Jean-Jacques Sempé.
En total son 11 libros nos que Nicolás, un neno traste que sempre anda metido en líos, conta en primeira persoa as súas andanzas e as dos seus amigos.
Son historias cargadas de humor e tenrura que se convertiron en todo un clásico e que, a pesares do tempo que pasou dende que foron escritas, seguen gustando ao público infantil (e non tan infantil).
Desde as orixes do cine, a literatura ten sido fonte de inspiración para moitos directores, a adaptación fílmica de obras literarias é unha situación frecuente.
Un libro e unha película son dúas obras de arte diferentes, con dúas linguaxes distintas, aínda que poidan estar inspiradas unha na outra. Cada adaptación renova a eterna polémica: Que é mellor? Literatura ou cine?
Lede os libros e vede a película e chegaredes as vosas propias conclusións.
Se queredes saber máis da película podedes ver a súa páxina oficial: http://www.elpequenonicolas.es/

11/5/10

PRESENTACIÓN NA LIBRERÍA DONÍN (Betanzos): "Chrystyan Magic - Atrapado na torre"


Copiamos e pegamos a información que a librería aporta na súa web, sobre o libro que se presentará o sábado 15 de maio de 2010:

El sábado 15 de mayo a las 12:30h podremos disfrutar de la presentación del libro "Chrystyan Magic - Atrapado na torre" de los escritores Xoán Babarro y Ana María Fernández publicado en Everest Galicia.

Contaremos con la presencia del propio Chrystyan Magic , que nos hará un impresionante espectáculo de magia titulado "Palabras Mágicas"

"Palabras Mágicas" es un espectáculo creado a través de la imaginación y la creatividad, basado en la magia que se puede desprender de la lectura. Mediante la sucesión de juegos de magia, Chrystyan intentará descubrirle a los niñ@s la ilusión, fantasía y magia que se esconde en los libros y cuentos, con historias mágicas basadas precisamente en libros como "A viaxe de Vionta", “O Sorriso de Rosalia”, "Chrystyan Magic,Atrapado na Torre", etc... y mediante nuestros propios cuentos, que podremos crear gracias a la participación de los niñ@s. Un espectáculo que tiene como objetivos despertar el torrente imaginativo de los niños, descubrir el goce de la lectura y presentar la magia como un atractivo y nuevo modo de animación a la lectura.

Objetivos:scubrir la magia de las palabras.
imaginativo de los nin@s haciendoles crear sus propias historias.
- Descubrir el goce de la lectura a partir de los juegos que surgen.
Su objetivo fundamental es despertar el interes por la lectura a través de…

"¡Alegría! ¡Sorpresa!
¡Fantasía! ¡Magia!
Esto es lo que ocurre cuando
la imaginación camina
sobre las palabras

9/5/10

"EL LIBRO INCLINADO"


Non só é o título dun libro, senón tamén unha descrición do mesmo. O libro, como se pode ver na foto, está realmente inclinado, e resulta un experimento acertadísimo de como a forma e o contido están absolutamente fundidos. O pequeno Bobby vai no seu carriño, e como o libro está inclinado, sempre cae, sempre... Unha narración visual frenética lévanos cara o final da súa veloz traxectoria. Realmente interesante e cautivador para os pequenos lectores (incluso para os prelectores).
Ficha:
Autor: Peter NEWELL
Barcelona: Thule, 2007

8/5/10

As preferencias dos nosos nenos e nenas

É importante ir identificando os gustos das nenas e os nenos.
Ao principio non é sinxelo porque os nenos pequenos están coñecendo todas as variedades de estilos e propostas literarias que se lles ofrece.
Do mesmo xeito que se pode educar o oído para apreciar a boa música, tamén se pode educar o gusto literario e a apreciación estética que lle permitirá logo identificar as diferencias entre unhas obras e outras.
Pero no traballo de guía de pais e profesores debemos deixar sempre aberta a posibilidade de elección dos nosos nenos e nenas e ofrecerlles aquilo que máis lles atrae.
A algúns gustaranlles os contos de seres fantásticos, as historias sobre mitoloxías, as aventuras, as pezas teatrais, historias referentes ao fútbol, biografías ou a poesía…
O que polo xeral ten unha gran aceptación son as historias onde predomina o humor, ademais, non hai nada mellor para un bo descanso que durmirse logo dunha boas gargalladas.
Aínda tendo en conta a gran variedade de gustos persoais, pódese falar dunhas preferencias xerais segundo a idade dos rapaces.

Dende os dous ata os cinco anos
Gustanlles os libros informativos e con xogos que estimulan a súa curiosidade polo mundo e favorecen a adquisición de vocabulario.
Gozan dos contos centrados nun personaxe fácil de recoñecer e co cal poidan identificarse (mozos, animais); os textos con ritmo e rima (cancións, poemas, disparates, trabalinguas, nanas); as historietas cómicas e, moi especialmente, as ilustracións coloridas.
A linguaxe debe ser sinxela pero poética.

Dos seis aos oito anos
Aparecen os porqués e as preguntas insólitas. Experimentan terrores persoais que necesitan resolver.
Xa desenvolveron o concepto básico da narración e gozan de todo tipo de relatos.
Disfrutan cos contos de animais, de princesas e fadas, as historias familiares e as fantásticas.

A partir dos nove e ata os doce
Encántanlles as novelas de amor, de ciencia ficción, as aventuras de cuadrillas, as historias de detectives e pantasmas. Séntense atraídos polas figuras dos heroes.
A esta idade poden conxugar a realidade e a fantasía en partes iguais.
Unha proposta ampla que lle permita explorar diferentes tipos de xéneros e temáticas resulta decisiva para a formación dun lector autónomo, libre e competente.

29/4/10

Endrina e o segredo do peregrino


Autora: Concha López Narváez
Editorial: Galaxia

Camiño de Compostela, van dous camiñantes. Un é vello e parece moi canso. O outro é mozo, forte e baril. A eles unirase nas montañas de Navarra unha rapaza de quince anos, Endrina, que coida os seus rabaños. Facendo o Camiño de Santiago, Endrina vivirá aventuras, coñecerá o mundo e descubrirá o amor. Todo iso mentres se pregunta cal pode ser o segredo que gardan os seus dous acompañantes.

Bonita historia de amor e misterio, coa que podemos aprender máis sobre o Camiño de Santiago e a vida no medievo dunha forma lúdica.

21/4/10

Outras reflexións

O placer por ler non se esperta de forma automática, supón unha aprendizaxe.

A estimulación debe adecuarse ás habilidades e intereses dos nenos e nenas.

Temos que dar de ler, sen pedir nada a cambio. Dar tempo para que descubran o bo que hai na lectura.

Os intereses e as aficións contáxianse. É necesario que eles vexan que realmente nós disfrutamos co libro.

A curiosidade espértase, non se pode impoñer.

7/4/10

El Grúfalo


Autora: Julia Donalson
Ilustrador: Axel Scheffler
Editorial: Macmillan. Colección Librosauro

Mentres o rato pasea polo bosque atopa ao raposo, ao moucho e á serpe. Todos o invitan a comer, ou será que o queren comer a el?
O rato non pode acompañalos, está esperando a un grúfalo. E que é un grúfalo? Un ser monstruoso ao que todos temen... Pero de verdade existe o grúfalo ou é invención do rato?

Un bonito conto que se compón de párrafos rimados, cunha excelente ilustración, e que nos ensina que non sempre ganan os máis grandes e fortes, a astucia vale máis.

1/4/10

A familia xoga un papel importante na formación de bos lectores.

Ler na casa:
1. Buscar un tempo e un lugar para ler todos os días cos nenos e nenas.
Esta lectura non debe estar relacionada coas tarefas escolares.
É máis importante a calidade da relación establecida que a cantidade (15 minutos poden ser suficientes).
Sentarse ao seu carón e ler para eles e con eles.

2. Compartir a lectura en familia, aínda que sexan autónomos lendo.

3. Facer da lectura un tempo divertido.

4. Ler libros, revistas, xornais que lles resulten interesantes para poder comentar o que neles aparecen.
Non pedirlles que fagan resumos, que expliquen o que entenderon, non é un traballo, é un placer.

5. Demostrar que para os pais a lectura é gratificante, ler diante deles, comentar o libro que se está lendo.

6. Interesarse e preguntarlles polo libro que están lendo (de forma voluntaria ou porque lles mandaron no colexio).

7. Falar cos nenos e nenas dos seus gustos e intereses.

8. Axudarlles a seleccionar libros, sen impoñer as preferenzas dos adultos.

9. Mostrarlles os recursos dos que dispoñen na súa localidade no referente a buscar información e libros.

10. Acompañalos a librerías, bibliotecas.

11. Calquera motivo pode ser bo para ler, axudarlles a comprobar que a lectura é importante para calquera actividade.

22/3/10

A auga está enferma


Autor: Miquel Obiols
Ilustrador: Óscar Villán
Editorial: Kalandraka

Ao abrir a billa, a auga retorcíase para arriba, para abaixo, para os lados, semellaba unha serpe. O chorro que acababa de saír negábase a entrar no vaso que tiña na man o pai, e o neno tiña moita sede. Que lle pasaría a auga?

A literatura ten como función, ademais de entreter, ampliar o noso campo de percepción e pensamento.
Hoxe, día Mundial da Auga, é un bo momento para disfrutar con este bonito libro e reflexionar sobre a situación deste elemento vital para todos nós.

8/3/10

Valdemuller


Autor: Xosé A. Neira Cruz
Editorial: SM. Colección Barco de Vapor. Serie Vermella
A
Minia vai cumprir quince anos e está preparando a celebración habitual na súa familia. Moitos dos tópicos que rodean a celebración non lle gustan, pero, por sorte, algúns sofren cambios debido a situacións fortuitas.
O día da festa recibe un agasallo moi especial: un colgante en forma de estrela, que pon a toda a familia un tanto nerviosa.
A partir dese momento emprende unha investigación que a leva a descubrir os segredos que esconde o colgante e as historias que oculta a súa familia, ao mesmo tempo que se vai coñecendo e aceptando a si mesma.
A
En Valdemuller ponse en dúbida a validez dos roles clásicos e proponse unha renovación das conductas que leve a unha sociedade máis xusta.
A partir desta obra podemos analizar o papel da muller ao longo do século XX, seguindo a historia das tres xeracións da mesma familia.

7/3/10

Ota quere voar


Autora: Ánxela Loureiro
Ilustrador: Santiago Eiroa Pazos
Editorial: Xerais. Colección Merlín

É a historia dunha gaivota chamada Ota.
A súa curiosidade e o seu carácter intrépido lévana a botarse a voar antes que os seus compañeiros e a deixar a casa para emprender unha viaxe na que vai tomando conciencia do seu corpo e de como é o mundo que a rodea. Grazas á súa personalidade, sempre positiva, vai axudando a todos os que atopa polo camiño.

Bonito relato, moi ben ambientado visualmente, que nos presenta unha personaxe feminina caracterizada por ser positiva, curiosa e dotada cunha gran intelixencia e forza de vontade.

5/3/10

Agustina, la payasa


Autor: Otfried Preussler
Ilustrador: Pablo Echevarría
Editorial: SM. Colección El Barco de Vapor. Serie Blanca

Agustín actúa no circo.
Agustina queda na casa e ten que coser, fregar, cociñar, coidar os fillos, ... Pero o que realmente lle gustaría facer é traballar no circo co seu esposo.
Un bo libro para disfrutar e para axudarnos a reflexionar cos máis pequenos sobre o papel das mulleres na sociedade.

27/1/10

Libros, libros, libros

Provocan a curiosidade polo que nos rodea e acércannos a mundos lonxanos.

Levan a cabo o desenvolvemento da imaxinación, do coñecemento do mundo e das xentes que o habitan.

Aumentan a nosa capacidade de expresión e enriquecen a nosa linguaxe.

Convídannos a buscar, comparar e comprender.

Educan os sentimentos, axúdannos a coñecernos e a identificarnos cos outros.

Relaciónannos coa nosa comunidade cultural e póñennos en contacto con outras visións do mundo.

10/7/09

Ler no libro da cidade. Arte en Betanzos

Recollendo a nosa propia invitación a invitación a coñecer ese grande libro de arte que a nosa cidade de Betanzos presentamos aquí o que chamaremos unha "cuboadiviña".
(se picades nas caras do cubo a imaxe amplíase para mirala mellor)


As imaxes da cuboadiviña pertencen case todas á Igrexa de San Fancisco. Ollade con atención o cubo para descubrir porque....

1.- Nel atoparedes só unha imaxe que non é de San Francisco.
2.- Unha imaxe que representa de perfil a cara dun rei.
3.- Unha imaxe que está en posición incorrecta na realidad
4.- Unha imaxe na que (con mooooita imaxinación) veredes un touro, un leon e unha aguia.
5.- Unha imaxen na que "alguén" lle di algo a "outro alguén" por medio dun papel longo ( case tan longo como o do can de Colhogar )
6.- A imaxe dun monxe a ensinarnos un libro aberto.

Logo disto se vos queredes achegar a San Francisco e atopalas pasaredes un rato divertido e seguro que na percura atopades moitas imaxes máis. ¡sorte, e que o disfrutedes!

8/7/09

Aprender arte cos libros.

Unha reflexión antes de nada. O mellor para que os nosos peques se afagan a ver a apreciar a arte é viaxar e, antes diso, coñecer a magnífica cidade na que temos a sorte de vivir.
Dito isto presentamos dous libriños que resultan atrativos e lles poden "inocular" o gusaniño da arte.

"La gran Noche de los Perros" é unha aventura apaixoante en plena National Gallery de Londres. Recorreremos grandes cadros e seredes testemuña de sucesos extraordinarios.

LA GRAN NOCHE DE LOS PERROS
de CURLESS, ALLAN y HOOPER, MEREDITH
EDICIONES SERRES, S.L.
48.0x60.0 cm 32 pags
ISBN: 9788495040305
Año de edición:2000
Plaza edición: BARCELONA


"Mirar a pintura" (atopàredeo en galego i en castelán) é un achegamento á evolución desta arte moi atarctivo: os temas, as paletas dos pintores, os estilos....Un percorrido por medio de 18 obras mestras da pintura nunha edición moi coidada. Información e beleza combínanse para dar lugar a un regalo para os ollos e mentes de todas as idades.

MIRAR A PINTURA A TRAVES DOS SÉCULOS

Autor :Desnoëttes, Caroline

Editorial: Faktoria K de Libros, S.A.

Lugar de edición: Vigo

ISBN :84-934641-8-X

5/7/09

"Mis cuentos preferidos de Hans Christian ANDERSEN"

Editorial : Combel
Lingua : Castelán
Ilustrador: Jordi Vila
Tradución de Jimena Licitra
2007
Formato : Cartoné (tapa dura)
Número de páxinas : 222

Unha estupenda compilación dos contos orixinais de Andersen. A miúdo os nenos coñecen historias como a sereíña, o soldadiño de chumbo, e moitos outros non a través da obra auténtica, senón por medio de adaptacións que non sempre manteñen a calidade inicial. Neste libro temos unha magnífica ocasión de contarlles, aos que non len, e de que lean (os que len) as historias como foron nun principio. Máis de algún vai levar unha sorpresa!!

3/7/09

Cuentos pulga
Riki Blanco
22 x 30 cm / 40 pp
Encuadernacion: cartoné
15,29 € + IVA (4%)
ISBN 84-96473-44-9

¡Damas y caballeros! ¡Niñas y niños!Pasen y lean: podrán admirar las fantásticas actuaciones de la asombrosa trapecista con vértigo al suelo, el increíble domador domado, el espectacular escapista que escapa de sí mismo, la contorsionista introvertida, el payaso muerto de un chiste...¡Pasen y lean, damas y caballeros, niñas y niños! La función está a punto de empezar.




Regina [LA TRAPECISTA]


Regina tenía un problema: vértigo.
Pero no el vértigo a las alturas, corno mucha gente tiene, sino al suelo. Por eso decidió hacerse trapecista, para estar siempre a ras del cielo y no tener que bajar nunca a la tierra.
Regina miraba las coronillas de los chicos del circo y soñaba con una vida al mismo nivel.
Con poder susurrar cosas bonitas a alguien al oído y no tener que estar siempre dando voces para hacerse oír.
Aunque claro, ninguno de la compañía se atrevía a subir tan alto. Ninguno excepto Capirote, el hombre bala, pero siempre pasaba volando a su lado con tanta prisa... Y ni un hola le decía. Ni una simple mirada, ni un triste adiós. Y para colmo, el muy tonto, ya llevaba más de un mes atrincherado dentro de su cañón.
Una noche, mientras el resto de la compañía dormía, escuchó algo. Al principio era un inapreciable susurro melódico, pero después fue incrementando su intensidad. Aquel cántico siguió durante todo el día y Regina, intrigada, preguntó a la gente de la compañía de dónde procedía aquella voz, pero no le supieron decir, pues nadie, salvo ella, la oía.
Estuvo investigando la procedencia de aquella cantinela, y descubrió que sólo la oía en un punto muy concreto: frente al cañón de Capirote.
El hombre bala, desde dentro, le cantaba canciones casi olvidadas, que salían del cañón disparadas y colisionaban con lo más profundo del alma de Regina.
—Capirote... —clamó Regina—, ¡sube aquí, lánzate!
El hombre bala tardó un tiempo, pero al fin se decidió a contestar:
— ¡No puedo, necesito que alguien me encienda la mecha! ¡Y desearía que fuera usted!
—No puedo bajar. Tengo vértigo —se dijo casi a sí misma Regina.Regina y Capirote

De la noche al día Capirote accedió por fin a salir de su cañón y con más ganas que nunca de volar. La compañía entera se extrañó de que hubiera salido sin que la “mujer de su vida” le encendiera la mecha, como él exigía, pero por si acaso nadie se atrevió a preguntar.
Se reanudó el número del hombre bala después del mes y pico que pasó allí metido. Aquella noche la expectación fue máxima, ya que habían colgado carteles por todo el pueblo anunciando dicho evento. Corno siempre, fue Bambino quien se encargó de encender la mecha. El hombre bala volvió a ganarse los aplausos de su público. Todo volvía a ser como antes.
Lo que todos ignoraban era que para Capirote y Regina había empezado un idilio de amor que se limitaba a una única cita diaria de décimas de segundos, pero era tiempo suficiente para que cuando Capirote, durante la función, pasaba volando al lado de ella, se dieran un beso fugaz y Regina le colocara al vuelo una notita entre su mejilla y la correa del casco.
Durante el resto del tiempo alimentaban su deseo recordando aquel instante.
Estuvieron así largo tiempo. Siempre sigilosos en su amor de cuentagotas. Hasta que por fin Capirote, con paciencia y dedicación, aprendió a encender sin ayuda de nadie, la mecha de su cañón.
RIKI BLANCO, Cuentos pulga, Thule Ediciones, Barcelona, 2006.

"A VELLA QUENLLA PERDE OS DENTES"

Autor: Xabier López López
Ilustrador:Manuel Uhía Col.

Edebé-Rodeira.

2005

Queremos recomendar dende Marimanta este libro-álbum, para prelectores e primeiros lectores, escrito polo betanceiro Xabier López e ilustrado por Manuel Uhía. Facémolo porque nos parece que foxe desa tendencia tan moderna (e non sempre acertada) de edulcorar a realidade aos nenos, de contarlles un mundo perfecto, no que non hai nin vinganzas, nin mal sangue, nin nada que teña chispa. As ilustracións de Uhía son tamén dignas de "ler" polo seu característico estilo evocador, de bordes e atmosferas diluídas (máis aquí, onde todo ocorre baixo o mar).

Velaquí un comentario da biblioteca BLIX:

"No máis fondo do mar vivía unha quenlla branca, gorda como unha balea, que de vella que era xa non lembraba a súa idade. Como era moi despistada, unha noite pegoulle tal mordida a unha pedra, confundíndoa cunha saborosa madalena, que alá lle foron os dentes..."

1/7/09

Proposta para ler cos nosos peques. O noso teatro caseiro


EL DR. BUJERÍN, que cuenta con una de las mejores colecciones de agujeros del mundo, nos ha hecho un hueco en su apretada agenda para contarnos su experiencia. Nuestra reportera, Patricia Hoyos, se ha desplazado hasta Pozo de Sorpresas, donde reside el eminente Doctor, para hablar con él.
PATRICIA HOYOS. Dr. Bujerín, ¿de dónde le viene esta afición por coleccionar agujeros?
DR. BUJERÍN. Mi padre comenzó la colección nace ya mucho tiempo. Un día, se dio cuenta de que todos llegamos al mundo por un agujerillo y decidió ahondar en el tema. De él he heredado mi afición por estas curiosas aberturas. Comencé coleccionando agujeros normales y corrientes: tomates en los cal­cetines, flautas, coladores de cocina... Con el paso del tiempo, he ido adquiriendo ejempla­res más variopintos. He descubierto abismos vertiginosos lagunas mentales, minas de dia­mantes, etc. Después de tantos años de estu­dio, he llegado a la conclusión de que
el agu­jero es la clave de todo, pues
la vida comienza por un agujero,
podernos oír lo que pasa a nuestro
alrededor gracias a un agujero,
respiramos por un agujero y,
cuando las cosas van mal,
vamos tapando agujeros
como buenamente podemos

PATRICIA HOYOS. Dr. Bujerín, ¿cuáles son las piezas más valiosas de su colección?
DR. BUJERÍN. Algunos de los más representativos son la Gruta de las Damas, el túnel del canal de la Mancha, la madriguera del Sr. Zorro o el espiráculo del delfín.
PATRICIA HOYOS. ¿Podría decirles a nuestros lectores qué es exactamente un agujero?
DR. BUJERÍN. Hay miles de agujeros a nuestro alrede­dor. Desde los más visibles, como el agujero de una aguja o el ojal de una camisa, hasta otros menos tangibles, como los aguje­ros financieros o las depresiones de aire. Los hay de todas las formas, tallas y condicio­nes. Un agujero puede ser un abismo o la madriguera de un animal. ¡O los del queso gruyer! Están los de los coladores de cocina y el de los donuts. Un agujero puede ser también la falta de algo, un vacío. Otros nos pueden aspirar, como el V404, uno de los agujeros más negros de mi colección.
PATRICIA HOYOS. ¿Le falta alguna pieza en su colección?
DR. BUJERÍN. ¡Cientos de ellas! Pero aun así, es de las más completas que hay.

CLAIRE DIDIER & ROLAND GARRIGUE, El libro de los agujeros, SM, Madrid, 2007, p. 7.
Sugerencia de lectura tomada de:

30/6/09

NACER - Animais extraordinarios

Autor: Xulio Gutiérrez
Ilustrador: Nicolás Fernández.
Editorial: Kalandraka
Neste libro descríbese a forma en que se reproducen e como coidan as crías doce especies de animais.Ese e o tema de enlace, pero aparecen un montón de curiosidades relacionadas:
Sabías que o canguro so pesa un gramo ao nacer?E que a anguía ten que nadar durante case 3 anos e percorrer unha distancia de 5000 km para reproducirse?e que o casulo onde se forma a bolboreta de seda está formada por un único fío que pode medir ata 900 m?..............
O libro anterior a este chámase BOCAS (onde se explica como algunhas especies obteñen o seu alimento). Moi, moi recomendable, tamén (Kalandraka).

A ARAÑA E MAIS EU

Autor: Fran Alonso. MAnuel G.Vicente.
Editorial: Kalandraka
Temática: o corpo, as froitas, as metáforas.
Idade: a partir de 5 anos
"Un día alegre, de súpeto, unha araña gorda e fea...brincou desde o ceo para aterrar no meu corpo.A descarada, primeiro explorou unha deda do meu pé, avultada coma un kiwi.Logo subiu aos meus nocellos, rugosos como a pel dunha mandarina......"

"El asesinato de la profe de lengua" y "El asesinato del profe de mate"

"El asesinato de la profe de lengua" y "El asesinato del profe de mate" trabajan lengua y mate.Tienen que ir descifrando acertijos que son pistas para encontrar al profe. Una manera interesante de leer y aprender mate y lengua a la vez que utilizan el razonamiento . Les encanta. Es para niños a partir de 11 años.

Autor (de ambos): Jordi Sierra i Fabra.

Editorial: GRUPO ANAYA , S.A..