14/5/10

El pequeño Nicolás


Chegou aos nosos cines a película titulada El pequeño Nicolás, inspirada na obra literaria escrita por René Goscinny e ilustrada por Jean-Jacques Sempé.
En total son 11 libros nos que Nicolás, un neno traste que sempre anda metido en líos, conta en primeira persoa as súas andanzas e as dos seus amigos.
Son historias cargadas de humor e tenrura que se convertiron en todo un clásico e que, a pesares do tempo que pasou dende que foron escritas, seguen gustando ao público infantil (e non tan infantil).
Desde as orixes do cine, a literatura ten sido fonte de inspiración para moitos directores, a adaptación fílmica de obras literarias é unha situación frecuente.
Un libro e unha película son dúas obras de arte diferentes, con dúas linguaxes distintas, aínda que poidan estar inspiradas unha na outra. Cada adaptación renova a eterna polémica: Que é mellor? Literatura ou cine?
Lede os libros e vede a película e chegaredes as vosas propias conclusións.
Se queredes saber máis da película podedes ver a súa páxina oficial: http://www.elpequenonicolas.es/

1 comentario:

RuAn dijo...

Sempre é unha boa noticia, por que, o final, o cine acerca a obra a novos lectores.
Por certo, sorteo un exemplar de "Papá non sabe" en CgRuAn. Saúdos e apertas