6/12/11

Astérix o Galo

«Estamos no ano 50 antes de Jesucristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos… ¿Toda? ¡Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos resiste aínda e sempre ao invasor...»


Así comeza cada unha das historias portagonizadas por Asterix e Obélix.






Astérix o Galo é unha serie de historietas cómicas creada por René Goscinny (guión) e Albert Uderzo (debuxo), aparecida por primeira vez o 29 de outubro de 1959.
Astérix vive nunha aldea ficticia ao noroeste da Galia, a única parte do país que non foi conquistada aínda por Xulio César, emperador romano. A aldea está rodeada por catro campamentos romanos: Babaórum, Acuárium, Láudanum y Petibónum.
A resistencia destes aldeáns débese á forza sobrehumana que adquiren despois de beber unha poción máxica que prepara o druida da aldea, Panorámix. Astérix está sempre acompañado polo seu amigo Obelix e o can deste, Idéfix. Outros personaxes importantes son: Asurancetúrix, o bardo, Abraracúrcix, xefe da aldea e a súa muller, Karabella, Ordenalfabétix, o vendedor de peixe, Esautomátix, o ferreiro, Edadepiédrix, o máis ancián da aldea.
Foi traducida a moitos idiomas e está dispoñible en multitude de países, o que fai que sexa a historieta francesa máis popular do mundo xunto con Tintín. Existen varias versións cinematográficas das súas aventuras e preto de París podemos visitar o parque de atraccións Parc Astérix.
Un elemento clave do seu grande éxito é o feito de que contén elementos cómicos para lectores de distintas idades, que manteñen a súa vixencia a pesar do paso dos anos.
Nalgún momento acusouse aos autores de chauvinistas polos tópicos sobre os distintos pobos de Europa que se reflexan nas diversas historias, ao que Goscinny contestou que “Astérix é unha parodia. Eu diría, si acaso, que é precisamente unha parodia do chauvinismo...”

1 comentario:

Fátima dijo...

Mi correo me devuelve los que yo os envío, parece que marimantabetanzos@yahoo.es los "rechaza", indica que esa cuenta ha sido desactivada. Algún otro correo en el que podamos contactar? Gracias!