
Dende a tenda de Apple Store poderán descargarse os contos Puag, que noxo! e Un can no piso!, de Fina Casalderrey, Quen son?, de Alicia Borrás, Voces no lagoa do espantallo, de Xan López Domínguez e Conto para non comer, de Oli. Nun primeiro momento e durante un tempo promocional, Puag, que noxo! poderá descargarse de balde.
Características máis salientables destes contos interactivos:
- Todos os contos inclúen tres idiomas: galego, castelán e inglés, e tamén a opción de mostrar e ocultar os textos.
- Poderanse ver e escoitar de forma automática, sen necesidade de tocar a pantalla.
- Tamén é posible pasar as páxinas do conto de maneira manual e gozar así con zonas táctiles interactivas, sons, efectos de paso de páxina, animacións e movementos dos personaxes en escenarios con vida propia.
- Os usuarios poderán sustituir a voz do narrador pola súa propia, dedicar o conto a alguén e incluso ocultar os textos e cambiar a historia ao seu antollo, creando así un conto personalizado.
- Outra posibilidade é a de seleccionar os textos do conto nun idioma e a narración noutro, boa opción para practicar e aprender idiomas.
- Permite comentar as sensacións do lector nas principais redes sociais (facebook, twitter... ), así como enviar recomendacións a amigos a través de email.