5/2/09

REMATE DA EXPOSICIÓN "GALICIA SOLIDARIEDADE"

Esta fin de semana pasada levantamos a exposición Galicia Solidariedade, e o regusto que nos queda é francamente positivo. Visitárona non só nenos e nenas, senón nais, pais, adultos, profesores e, moi importante, profesores con alumnos. Fixéronse as actividades que propoñiamos como guía da visita, por tramos de idades, e proba de que por alí pasaron moitas e creativas persoas son os murais que elaboraron in situ. Non podemos pedir máis.

3 comentarios:

An dijo...

noraboa por o exito acadado :) saúdos e apertas

Anónimo dijo...

Xa teño sesenta exemplares dos contos, pero aínda acado conseguir uns corenta máis. Sigo pendente de vos e loitando coa administración para comezar os puntos de lectura no centro de sáude canto antes.
Tedes un bo proxecto e aínda está nacendo, eu véxolle futuro. Saúdos.

Espe

Marimanta dijo...

Estupendo o dos libros. Así que haxa uns poucos máis, creo que s epodería empezar a actividade. Xa nos comentarás, e grazas por seguirnos e apoiar o noso traballo.