
Hoxe, sábado 27 de febreiro, celebramos o segundo día do
CLUB DE LECTURA DE BANDA DESEÑADA. Ademais de falar de "Arrugas", de Paco Roca, e de desmenuzar tantos e tantos detalles da obra ( e de namorarnos máis se cabe dela), fixemos algo moi importante: darlle nome ao noso club de lectura. Non podía ser outro:
"YELLOW KID"... o primeiro personaxe de banda deseñada da historia, que vestía de amarelo (claro está), e que, curiosamente, falaba a través do seu traxe. Xa temos outra obra para ler durante o mes de marzo: "
A mansión dos Pampín", de
Miguelanxo Prado. Dende Marimanta estamos orgullosos da calidade dos lectores, do seu traballo (moitos viñeron con libretas cheas de notas, libros plagados de post-it,...), e do entusiasmo con que participaron e compartiron as súas opinións e visións.
Así que...
ÁNIMO E A SEGUIR. A vindeira reunión será o
sábado 28 de marzo, ás 11:00h., no telecentro de Betanzos (a carón da Biblioteca municipal). Lembramos que a invitación non é só para nenos, senón tamén para adultos (nesta reunión había uns cantos, e moi entusiastas).