18/3/12

Teo cumple 35 anos

Aló polo ano 1976 a editorial Timun Mas iniciou un proxecto que consistía na creación do seu propio personaxe de contos infantís.
Apareceu por primeira vez no ano 1977, bautizado co nome de Teo, da man das ilustradoras Carlota Goyta e Asun Esteban, dúo ao que posteriormente se agregaría Anna Vidal asinando todas tres baixo o mesmo pseudónimo de Violeta Denou.
Segundo palabras das súas propias autoras, o principio básico que o move é ilustrar o mesmo mundo en que nenas e nenos viven, sendo Teo unha criatura exactamente igual que os seus mozos lectores. Posiblemente esta é a razón pola cal xeracións de pequenos e pequenas seguíronse identificando tan ben con el, considerándose xa un clásico entre a literatura infantil.
Tanto é o éxito de Teo que ata hai algúns dos seus álbums que foron traducidos a vinte idiomas diferentes, adaptándose estes libros a material educativo básico en moitos centros de ensino primario.

Podes escoitar a entrevista realizada a Carlota Goyta e Asun Esteban no programa Hoy por hoy da cadena SER.