
Dende Marimanta propoñemos a todas as nais e pais, a tías e tíos, avoas e avós, adultos e xeral, que aproveiten un período tan interesante como o verán para fomentar nos nenos o pracer de ler. Dicilo así, de maneira xeral, resulta moi dodado. Pero é ben certo que o importante é saber que libro lle vai gustar ao rapaz ou rapaza, onde se poden conseguir os libros (bibliotecas públicas, librerías,...), e o máis importante: atopar momentos para ler con el/ela.
Propoñemos dende esta páxina o seguinte: cada semana faremos un par de recomendacións de lecturas. Así, se a familia está de vacacións, será doado conectarse a internet e ver o que se recomenda. Ademais, neste mesmo blog hai un enlace (á dereita da páxina, "BLIX") con centos de libros recomendados segundo as idades dos lectores.
Quedades convidados, pois, a botarlle un ollo a este blog de cando en vez, cando poidades, para ver que pode ser de utilidade aos vosos cativos.
Non olvidemos que a lectura é o que fai que as persoas multipliquen a súa capacidade para comprender o mundo. Non os fai mellores persoas (Hitler era un grandísimo e cultísimo lector), pero do que non hai dúbida é de que os fai máis cappaces, máis inmunes ás dificultades, máis abertos ao ocio, máis tolerantes ante a diferenza (... se queren).
Que todos teñades un bo verán, e que sexa para os rapaces un período de desfrute e creatividade, no que as súas poderosas mentes non se paralicen, senón que sigan traballando para medrar máis e máis por dentro (que por fóra non hai que os pare).
FELICES LECTURAS!!