3/10/11

A nena de auga e o príncipe de lume

"Eu quería contar un conto pero non trouxen ningún...
—Podes facer un aquí agora...
—¡Ai xa! ¡Mira ti que ben! ¿E como se fai un conto?
—O primeiro que hai que ter é alguén para llo contar.
—¡Cóntamo a min! ¡Cóntamo a min!
—¡E a min tamén! ¡A min tamén!
—Xa teño logo a quen llo contar. ¿E a ti como che gustan os contos?
—A min gústanme os contos de auga... "


Autor: Xabier P. Docampo
Ilustrador: Xosé Cobas Gómez
Editorial: Xerais

Contén 5 contos curtos.
O primeiro, que lle da nome ao libro, reproduce unha conversa na que o autor e o “público” van dando ideas e construíndo un conto.
Nos seguintes atopamos un mando a distancia especial, un verme que se transforma, un cabalo de cartón e un boneco de papel, todo para expresar ilusións e desexos que todos nós compartimos.