21/6/10

El fantasma que odiaba las matemáticas


Autor: Rafael Ortega de la Cruz
Editorial: Nivola


Lucía é unha nena de seis anos á que non lle gusta facer uns deberes que non entende, sobre todo os de matemáticas. Unha noite escoita uns saloucos dentro da súa habitación e a súa curiosidade vence ao medo. Lucía asómase ao interior do armario e descobre a Bruno, un neno-pantasma, que ten uns problemas parecidos aos seus...
Entre os dous amigos resolverán os problemas matemáticos que lles poñen os seus profesores, compartirán lecturas e salvarán os primeiros escollos das súas vidas.

Este libro pertence á colección Lucía y Bruno. Da man destes personaxes nenas e nenos irán revisando, dunha forma orixinal e lúdica, os contidos matemáticos dos diferentes ciclos de Educación Primaria.
Outros títulos da colección son: Aventuras en el castillo de los números, El misterio de los mensajes geométricos, El laberinto de los números romanos, El increíble viaje del cero.

4/6/10

¡Ojalá no hubiera números!


Autor: Esteban Serrano Marugán
Ilustrador: Carlos Pinto
Editorial: Nivola

Imaxinade por un momento que faceríamos se non tivéramos números...
Arturo Comelibros é un neno que desexa que desaparezan os números da súa vida (¡non se lle dan moi ben as matemáticas!) e exprésao con rabia, de xeito que enfada ao rei Pitágoras V, quen decide concederlle o seu desexo...
A que se arma!

É este un libro que a partir dun plantexamento sinxelo nos invita a reflexionar sobre a utilidade dos números e das matemáticas.